O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, recibe a Medalla de Ouro de Galicia 2022

by AdminObra

Este domingo 24 de xullo <strong>mons. Julián Barrio Barrio</strong> recibiu a <strong>Medalla de Galicia 2022</strong>, na súa categoría de ouro, o máximo recoñecemento outorgado pola Xunta e que este ano premia a vinculación e exaltación do Camiño de Santiago.

O arcebispo de Santiago de Compostela recibe esta distinción pola súa contribución á <strong>promoción do Camiño</strong> e á colaboración na <strong>restauración da Catedral.</strong>

Ademais, a Xunta tamén recoñeceu este ano o labor do profesor da Universidade de Perugia Paolo Caucci von Saucken; á peregrina e hospitalera do albergue municipal de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; á Asociación Discamino; e a título póstumo ao doutor e antropólogo compostelán José Carro Otero.